Ao longo deste curso académico 2014-15, o alumnado do curso de 2º A do Módulo de Intervención con familias e menores en situación de risco social do
CIFP Portovello, correspondente ao Ciclo superior de educación infantil, como parte do seu proceso formativo traballou na creación dun repositorio de lexislación relacionada coa infancia e coa familia.
Entre as finalidades do traballo estaban a localización das normas de referencia -de carácter supranacional, estatal ou galego- e a súa organiación dun xeito que permitise un fácil acceso ás mesmas en caso de necesidade.
O formato elixido para presentar os resultados do proxecto foi unha liña do tempo -realizada en TimeRime- na que, dun xeito cooperativo, o alumnado foi compartindo os resultados da súa busca e introducindo un pequeno comentario de cada unha das referencias recollidas.
Trátase dun traballo inacabado que poderá ser mellorado no futuro, mais, dado que está compartido nun formato aberto, deixamos o enlace ao mesmo por se é do voso interese:
Normativa galega sobre infancia e familia