Do mesmo xeito que noutras entradas do mesmo tipo que viñemos realizando en datas recentes, nas que presentamos diversos proxectos desenvolvidos por alumnado do Ciclo superior de educación infantil, saudamos moi positivamente esta iniciativa. Unha aposta decidida pola creación dun banco de recursos compartido que pode enriquecer o noso traballo na educación infantil desde a posta en valor do noso ben máis prezado, a cultura propia.
Aderezamos a nosa benvida cunha cita de Loris Malaguzzi, reiteradamente compartida co alumnado das nosas aulas:
"Todos aqueles ... que se puxeron a
reflexionar seriamente sobre @s nen@s sempre acabaron por descubrir non tanto
as debilidades e os límites da infancia, senón máis ben a espantosa e
extraordinaria forza das súas potencialidades, das súas capacidades e o seu
inmediato protagonismo interactivo. (...) un dos puntos principais da nosa
filosofía, cadra con esa imaxe d@ nen@. Un nen@ que, desde o nacemento, desexa sentirse
parte do mundo, usar activamente unha complexa (e non aínda valorada) rede de
capacidades e de aprendizaxes, e capaz de organizar relacións e mapas de
orientación persoal, interpersoal, social, cognitiva, afectiva e, mesmo,
simbólica".
Cantas veces buscamos alén de nós ideas para as nosas propostas educativas, esquecendo o valor do que temos máis preto...
Parabéns polo traballo e ánimo para seguir investigando nesta mesma liña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario