As nenas e nenos son portadores e construtores da súa
propia intelixencia de xeito que ás persoas adultas que os arrodeamos e
acompañamos no seu proceso de desenvolvemento o papel que nos corresponde é o
de facilitar as relacións que aquelas/es establecen co mundo no que habitan.
Na primeira
infancia as crianzas van construíndo o seu coñecemento a través dun proceso
dialéctico de relación con obxectos e persoas, no que non faltan as preguntas e
respostas que alimentan a súa intelixencia, de por si curiosa e investigadora.
É unha verdadeira paixón pola investigación a que se pode apreciar nas nenas e
nenos criados en condicións de equilibrio afectivo e emocional, paixón que debe
actuar como mobilizadora das e dos profesionais que traballamos coa primeira
infancia, de xeito que as investigacións das nenas e nenos se fundan coas nosas
na busca dunha comprensión e entendemento que constitúe o eixo sobre o que a
intelixencia se aprovisiona e documenta a súa capacidade expansiva de
relacionarse coas cousas e entre as cousas, e é precisamente nesa relación
interactiva na que se asenta a esencia do que podemos chamar intelixencia.
No seguinte vídeo
Loris Malaguzzi responde á pregunta de Folco Quilici sobre a orixe da
intelixencia infantil:
Ningún comentario:
Publicar un comentario