Despois de varios anos nos que este blog, que comezara como unha pequena práctica sobre as posibilidades das novas tecnoloxías na vida das aulas, quedara durmido, hoxe esperta novamente para compartir con vós experiencias, reflexións e inquedanzas. O espertar prodúcese nuns tempos nos que a educación vive convulsa de xeito semellante á sociedade e no que coido que debemos buscar onde atopármonos aquelas e aqueles que cremos que outra educación e outro mundo é posible.
O nome do blog, que é o mesmo que ten o club de lectura que vén funcionando no noso centro nos últimos anos, está relacionado coa nosa maneira de entender a educación consonte co expresado por Federico Luppi na película do mesmo nome:
Ningún comentario:
Publicar un comentario