A Educación Prohibida é unha película documental realizada na Arxentina coa finalidade de reflexionar e
cuestionar as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a
educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, non
convencionais que propoñen la necesidade dun novo paradigma educativo.
A película, estreada en agosto de 2012, é considerada a primeira película en español estreada que foi financiada
mediante un modelo de crowdfunding ou financiación en masa. Na mesma
documéntanse experiencias educativas non convencionais en países de América
Latina e España, recollendo experiencias de institucións educativas
con prácticas vinculadas ás ideas e pedagoxías como a Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación
Libertaria, Homeschooling (educación no fogar) e outras referencias dentro da chamada pedagogía progresista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario