sábado, 30 de novembro de 2013

Un signore maturo con un orecchio acerbo (Un señor maduro cunha orella verde)

Na cultura da primeira infancia é fundamental a relación que as nenas e nenos establecen coas persoas que os arrodean. Familias e profesionais comparten a responsabilidade de percibir as necesidades e curiosidades das nenas e nenos para, partindo delas, poder crear contextos adecuados para o seu desenvolvemento. Isto non é doado xa que o paso do tempo tende a facer que as persoas adultas esquezan cales son os parámetros que rexen a percepción do mundo por parte da infancia…

O xenial Gianni Rodari, na súa obra Parole per giocare (1979), agasallounos con este poema que pode axudármonos a reflexionar, e quizais a tomar conciencia, sobre a necesidade de facer algún cambios na nosa actitude cara as nenas e nenos, se é que verdadeiramente queremos conectar cos seus intereses:

Un día, no expreso Soria-Monteverde,
vin subir a un home cunha orella verde.

Xa novo non era, senón maduro parecía,
salvo a orella, que verde seguía.
Cambieime de sitio para estar a seu lado
e observar o fenómeno ben mirado.

Díxenlle: Señor, vostede ten xa certa idade;
dígame, esa orella verde, elle dalgunha utilidade?
Contestoume amablemente: Eu xa son persoa vella,
pois de novo só teño esta orella.
É unha orella de neno que me serve para oír
cousas que os adultos nunca se paran a sentir:
oio o que as árbores din, o que os paxaros cantan,
as pedras, os ríos e as nubes que pasan.
Oio tamén os nenos, cando contan cousas
que a unha orella madura, parecerían misteriosas.

Así falou o señor da orella verde
aquel día, no expreso Soria-Monteverde.


Poema orixinal:


Un giorno sul diretto Capranica-Viterbo
vidi salire un uomo con un orecchio acerbo.

Non era tanto giovane, anzi era maturato
tutto, tranne l’orecchio, che acerbo era restato.
Cambiai subito posto per essergli vicino
e potermi studiare il fenomeno per benino.

Signore, gli dissi dunque, lei ha una certa età
di quell’orecchio verde che cosa se ne fa?
Rispose gentilmente: – Dica pure che sono vecchio
di giovane mi è rimasto soltanto quest’orecchio.
È un orecchio bambino, mi serve per capire
le voci che i grandi non stanno mai a sentire.
Ascolto quel che dicono gli alberi, gli uccelli,
le nuvole che passano, i sassi, i ruscelli.
Capisco anche i bambini quando dicono cose
che a un orecchio maturo sembrano misteriose.

Così disse il signore con un orecchio acerbo quel
giorno, sul diretto Capranica-Viterbo.

Gianni Rodari


Omegna (Italia), 1920; Roma (Italia), 1980.

Político, xornalista, pedagogo e escritor.

Despois dunha etapa como periodista chega ao mundo da literatura infantil de modo casual tal como el mesmo chega a confesar: “Convertinme en escritor para nenos por casualidade. Foi unha necesidade profesional: nunha páxina dominical do periódico no que traballaba precisábase de algo para nenos. E así comecei a escribir narracións. Foi u nha descuberta, incluso para min, que despois acaparoume e gustoume, incitándome a comprender que oficio era, que sentido tiña”.  (Revista CLIJ, n° 36, 1992, p. 20.)

Autor dunha extensa obra bibliográfica na que combina de xeito maxistral o humor, a imaxinación e a súa desbordante fantasía cunha visión crítica, non exenta de ironía, do mundo actual. Recibiu o Premio Andersen, máximo galardón ao que un escritor de literatura infantil  pode aspirar, no ano 1970.

Entre as súas obras mestras figuran: Contos a máquina, “Contos por teléfono, “Contos para xogar” e “Gramática da Fantasía  (Grammatica della Fantasia), subtitulada Introdución á arte de inventar historias (Introduzione all'arte di inventare storie), o seu maior legado en materia de pedagoxía contemporánea, concibida segundo as súas propias verbas, despois dunha intensa experiencia nas escolas infantís de Reggio Emilia, como un instrumento de traballo para aquelas/es que pensan que é preciso que a imaxinación teña o seu lugar na educación, para quen confía na imaxinación infantil, para quen coñece o poder de liberación que pode ter a palabra.






Ningún comentario: